Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

20-04-2009 18:56:50

Relight my fire (I)


Non foi boa a idea de ningunearte,
nin dar a oportunidade, que eu
sempre, reclamo para meu interese
cando xogo en cancha contraria.

E iso é algo que non deberías soportar.

Non foi boa a idea de ser rancoroso,
aínda que só por unha vez na vida:
fun así coa muller que non o merece,
por un pecado moito máis común en min.

E iso é algo que non deberías soportar.

Como non deberías soportar tantas cousas.
Pero, mosa, soportaches, e aí estás.
Toda a bancada vacía, deserta, morta
Menos o único sitio que me interesa.

Ese sitio que está o meu carón
coa mosa, antes moi tímida
e agora moi tensa
non por un lance
do xogo
nin polo penalti
nin por un golazo
tensa (penso soberbiamente)
por se quero un compromiso igual.            (ó teu)

E para que enganarnos... Seguramente eu estaba peor.

E non sei se é por medo,
a repetir o mesmo erro.



P.D: só sei que necesito ser forte.

Trackbacks

Trackback URL para este post

Comentarios


Podes incluír os seguintes emoticóns na túa mensaxe:



Nome/Pseudónimo

Correo Electrónico

Páxina web/Blog



LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009