Joined in the snow
Miro ó redor meu, no epicentro da zona cero do meu cuarto, e observo unha desorde non habitual en min. Polo menos nestas datas. A escaseza de visitas femininas á "despensa do amor" só é igualada polo tempo de inactividade dos playlist de Foreigner e Barry White (entre outros), música de cando a despensa do amor está habitada e en funcionamento.
A desorde non está soa, vai acompañada dunha fina capa de pó nalgúns recónditos espazos da miña sala. Teño que coller o plumeiro e a aspiradora xa.
Un bote de Daivonex case esgotado recorda que fai non moito tiven un ataque de psoriase. Xa sei que dou noxo. Unha botella vacía e unhas marcas na mesa do escritorio recórdanme a un recente episodio de decadencia e autodestrución persoal do que estou saíndo. Unha quiniela do mes pasado con sete acertos tamén me trae recordos: non hai solucións fáciles, o triunfo custa traballo, e o traballo esforzo. Xa sabedes: sen sacrificio non hai recompensa algunha.
(Gracias, che!)
Hai 0 comentarios e 0 trackbacks. Léronse 196 veces.

















