Delirium tremens pre-coital
Sorpréndeme a facilidade coa que se arranxan as cousas cunha boa ficha ó lado. É dicir, teño a cabeza chea de historias e problemas, son tempos duros de crise. E non só no peto. E non vou dicir miticadas de "tamén hai crise na alma, no corazón" e similares. Non. Isto vai máis alá. É máis importante máis trascendental, non é tan sinxelo.
Entón, nunha raiada destas é cando aparece ela. A ficha, a muller inesperada que che vai alegrar o día. A que cun leve aceno di: ven e dame duro (para que enganarnos). E elévate, faite sentir mellor, con autoestima, forte, o rei do mundo: ei! Mirade, que forte estou, son Termi e esta cachonda que teño o lado devecendo por min, está aquí por que quere, sen pagarlle nada nin outra historia.
E todos os problemas desaparecen. Momentaneamente, pero eres feliz. E mentras che dura o efecto, todo o que te preocupa é menos. Xa se arranxara, eres capaz de todo e máis. Seguídesme, non?
Bueno, pois iso é o que me pasaba ata fai pouco. Porque esa forza, o igual que o amor ou a paixón, ou a locura, da igual como o queirades chamar, vaise diluindo co paso do tempo e sendo máis feble, e volves o estado anterior.
Só e preocupado, cunha boa experiencia ó lombo e con moitas máis ganas de repetir outra similar. Pero á vez sínteste coma máis acabado. Canso, coma se xa se acabara toda a festa para sempre. A non ser que encadees unhas cantas seguidas, buah, entón o efecto dura a hostia.
En fin, isto é o malo de non ser, agora, un animal de xeiras. De non vivir épocas, senon o día a día. Coa incerteza de cando será o seguinte premio. Pero a esperanza de acabar en calquera intre lamendo a caixa torácica dalgunha hembra necesitada. Respiro sexo, triunfo ou castidade, decepción a cada paso que dou, según o meu estado de ánimo. É como xogar á quiniela constantemente, pero esta toca máis. Ou ieah!
Que triste é a miña historia e con que pouco me contento (e que difícil me é conseguilo a veces!).
P.D: si si, é pre-coital.

















