Por fin
Saio á terraza e observo o amencer. O sol entre os piñeiros e o mar rompendo paseniño. Sento no chan, collo a miña botella, Jim Beam Black (que detalle!). Un vaso, dos bos, e unha garafa de auga moi fría. Boto bourbon e auga no vaso mentres acendo un cigarro. Reláxome, descanso, que pouco durmín estes días!
A calma que sucede a unha noite de festa rachada contrasta coa aparición de actividade na vila. Pecho os ollos e síntome ben, en paz. E nese mesmo intre, na rúa, escoitanse os primeiros coches, xente e pitos. Dame igual todo. Estou feliz, de puta madre. Crézome, síntome xenial. CHEO. Entón abro os ollos, apuro o cigarro e miro cara dentro, para o sofá: xa está a durmir. Pecho a porta da terraza para que non lle moleste o ruído.
Doulle un bo grolo ó whisky, síntome pleno comigo mesmo, cheo de autoestima, coma fai anos que non o sentía así.
E que ben se está.
Hai 3 comentarios e 0 trackbacks. Léronse 236 veces.

















