Onomástica reveladora
Penso que a vida sería máis sinxela se fose coma un cómic de Ibáñez.
E non o digo por esas incribles hostias que se meten as personaxes e logo milagrosa e instantaneamente sanan.
Dígoo por eses apelidos que son o reflexo da alma e corpo dos seus posuídores. Se había un Rodolfo Muytacañez sabíamos que era unha persoa pouco xenerosa, se era de largar dos demais chamaríase Correveidílez, se fose guapo sería Apolínez, de ser patoso sería Tórpez e así.
Se polo nome sería tan fácil saber como é a xente, todo sería moito máis fácil e con menos sorpresas desagradables.
Moi útil, sobretodo neste tempo de eleccións.
Hai 1 comentarios e 0 trackbacks. Léronse 132 veces.

















