Viagem a Coimbra, cap. III. No estarás sola.
Aquí chega a terceira edición da Viagem a Coimbra.
Capítulos anteriores:
(I) Ma Marreteille: la bonne vivante.
(II) Fio Maravilha
João: Ola rapaces!!
Mmhh... Vaia ese masculino torso espido era o último que eu esperaba ver...
Decepcionado entro nunha ducha, corro a mampara e, obviamente, duchome...
[...]
A cea pasa tranquila e sen sobresaltos, bebemos sobretodo e tamén falamos. Quedamos con Gonzalo e os demais outra vez, visitamos todas as habitacións e a nós tamén nos veñen visitar.
En fin, ahí chegou a hora de saír, baixamos ata a praça da República, cruzamos a rúa principal e, alehop! Xa estábamos na ponte sobre o río Mondego.
Unha esplanada xigantesca, un palco colosal con varias pantallas de plasma titánicas, podía verse o concerto a moitísima distancia, e logo miles de parcas, cada unha dun licor ou bebida, vaia se había parcas que ata as había de moscatel e brandi. E sobretodo, e o máis importante, estaba cheísimo de xente, tamén había moitísimas mulleres, e que mulleres, fermosas portuguesas, namoreime catrocentas cincuenta e nove veces esa noite, creo. Ademais eran moi simpáticas e sinceras. Había tanta carpa que Estela volvíase tola por non atopar a do güisqui, a verdade e que estaba algo "escondida" finalmente e tras moitos rodeos chegamos ó noso destino e os nosos beizos o preciado líquido dourado. :D ;)
Demos voltas por varias carpas, bebimos güisqui, caipirinhas, birra e outros, bailamos dance, reaggetón, rock, pop e samba. Mola a samba :D~~
Deixeime tolear polas portuguesas e caer nos delirios da carne, deixeme engatusar por varias mulleres, todas as que tiven cerca e con posibilidades, ían en parellas. Disposto, decidido, atrevido e valente fun a por todas, era o único guerrilleiro que sae da trincheira disposto a derribar todolos seus inimigos...
Pero pasou o de sempre, se hai duas mulleres é raro que deixen a unha amiga soa e máis nese ambiente. Eu ía derribando liñas do inimigo pero en máis dunha ocasión faltoume o apoio dun compañeiro de batalla, uns por mozas, outros porque estaban away, outros por auto-mutilación ou falta de tempo...
De todas, destacarei unha preciosa lusa, tiña un longo e mesto pelo negro e rizado, uns ollazos verdes, os seus beizos quizais fosen algo feos, non deixaba de ser guapa, tiña unhas cadeiras dignas de estudio e unhas pernas e un cú merecitorios de ser mostrados nun museo, destacareina polas suas grandes dotes de bailar e sobretodo pola súa inusual sinceridade, inda hoxe recórdoa e sorpréndome, falei pouco con ela, bailamos, simulou moito e ben, polo tanto excitoume, cando íamos rematar a faena, e mirando para min e a xente coa que estaba díxerame unhas palabras en portugués que non logo reproducir exactamente, pero que en galego viría sendo algo así coma: non podo deixar soa a miña amiga, senón vaise enfadar, se igual tiveses un amiga para ela...
Díxoo cunha dozura, cunha tenrura, cun xeito de mimosiña que... buft! Gañou mil puntos de golpe.
E vaia se tiña amigos, pero coma xa dixen ningún dispoñible, e iso que a amiga estaba moi moi ben, é unha mágoa porque se se desen as circunstancias que se ían dar o día seguinte, íamos de festa, e ben de festa, eu máis outro amigo, jejejeje.
Despois de decatarme que non lle podía proporcionar compañia a amiga dinme por vencido.
Debe ser certo que os homes portugueses son algo pesados ou babosos porque alí pouco que lles fales, pouco que sexas simpático, que as fagas rir, que non as sobes á mínima, e elas xa son a hostia de amables e cun moi bó rollo contigo, incluso ata chegar o punto de ser tan sinceras contigo coma xa contei antes.
A pesar de todo a noite foi a hostia, quizais non fichara de todo, pero si ligara e ben ligado, mañán como a mire cae fixo, pensaba.
Como dicía a noite foi tremenda, a compañía tamén (gracias compañeiros), as mozas lusas tamén, o alcohol, a música, o ambiente, as fichas, TODO!
Xa quedabamos só catro e volvimos para o albergue, era moi tarde, non recordo a hora, casi de día, estábamos algo cansos, falamos, despedímonos, e fun para a miña habitación onde estaban Anxo e Rover, non durmían, díxenlles que mañán ás nove tocáballes a ourensás ducharse, podíamos ir a nove menos cuartos, non? Jejejeje.
Coma de costume, tumbámonos, eu seguía con ganas de festa, bebín unha birra na cama e alí quedei sopas...
[...]
Hora e algo despois érgome, son as oito e media pasadas, o final con tanta coña case que vou coincidir con alguén na ducha. A iso de menos cuarto estaba eu só, cun boxer apretado (xD), a toalla ó lombo e nunha man o pantalón que me ía por despois e unha camiseta. Tomei o último grolo da birra de rigor para comezar o almorzo e dirixinme ós cuartos de baño.
:O :D~ :O :D~ :O :D~ :O :D~
;)
Dúas duchas prendidas, dúas "mamparas" corridas e en cada unha delas pódese observar a sacrosanta, a atractiva, sensual e bela silueta dunha muller...
Esta vez si.
Continuará...
Ismael Serrano
No estarás sola,
vendrán a buscarte batallones de soldados
que a tu guerrilla de paz se han enrolado.
Y yo en primera fila de combate
abriendo trincheras
para protegernos, mi guerrillera.
No estarás sola,
te saludarán a tu paso en mil idiomas, con mil lenguajes,
la gente a la que despertaste en cada viaje,
los que dormían en las calles,
a los que preguntaste,
por su esperanza, por su desastre.
No habrá distancias
que no cubra cualquier hombre que te busque.
No habrá rincón en que tu nombre no se pronuncie.
No habrá misterio o duda en que tu presencia no luzca,
faro solidario en ausencia de paz,
en tiempos difíciles Estrella Polar.
Hai 7 comentarios e 1 trackbacks. Léronse 306 veces.


















Queima de Viseu (III) :: FFT :: TeRMi :: Arrós con chícharos :: — 2008-04-25 00:11:29