Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

14-05-2006 23:56:49

Viagem a Coimbra. (II) Fio Maravilha

Categoria: FFTTeRMi

Ben, aquí tedes a segunda parte da Viagem a Coímbra. Este é un capítulo de transición, inda así espero que vos guste moito, o seguinte, o terceiro, será da primeira das "Noites do parque". Ahí vai:

Lee os capítulos anteriores:

Cap. I. Ma Marreteille: la bonne vivante.

Viagem a Coimbra, cap. II. Fio Maravilha

João: Vaia, teredes que compartir habitación. Vou un momento á recepción a ver que me din.

[...]

TeRMi (pensando e mirando para os dous grupos de mozas): Dioss!! Cales serán, qué pomadas!! Pídome a litera de abaixo senón non respondo dos meus actos...

João: Ah! Mírade rapaces, temos un sitio máis para o grupo desas rapazas, ides poder durmir vos os tres nunha habitación de seis. que sorte, non?

TeRMi, Anxo e Rober (non foi o unísono, pero como se o fose): [Modo decepción ON] Si, que ben, que sorte... [Modo decepción OFF]

Total, que carrexamos todas as cousas para abaixo instalamonos cada un nunha litera, nas camas de arriba... Miro para a de abaixo con mágoa... En fin, perdeuse unha gran oportunidade... Polo menos vou ver os baños que tal están...

:O

Que é isto?

Elisabete:
Inda que teñan unhas mamparas son baños mixtos. Podédesvos duchar cando queirades.

Si!

:D

[...]


Coma os universitarios non vivimos do aire, sobretodo nas épocas de festa, tiñamos que ir a tenda a aprovisionarnos de todo tipo de comestibles e líquidos (sobretodo estes últimos) esenciais para comezar a noite coimbresa. Tíñamos de todo, birra, birra negra, lager, de trigo, de malta... que máis se podía pedir? Bueh, pois Gonzalo pide Ginjina, agh, non me gusta nadiña...

Polo día estiveramos na Universidade e nas Repúblicas (fraternidades que se aloxan en casas, moi á estética okupa e fortemente politizadas) e non miráramos moitas tendas así que tivemos que patear un bo treito, menos mal que o clima e a compañía eran boas, moi boas...

[...]

Cenamos, falamos, bebimos, fumamos, berramos, botamos fichas, etc. E así transcorreu o serán e maila noitiña da nosa primeira noite.

Quedamos con Gonzalo, Estela, Patri e Lois para ir as Noites do Parque, vou cara a ducha (duchas mixtas, ummm) pero antes recordo que faláramos cunhas veciñas (as ourensás) para ducharnos, elas eran moitas e queríanse duchar de vez, entón dixeron que mañá de mañá as nove tocáballes a elas, acordamos así, pero sigo recordando que non fixemos ningún acordo para ducharnos pola noite e ningún tipo de acordo coas outras veciñas interesantes: as francesas.

Así e todo, atopeime eu no concorrido baño. A esquerda a miña toalla e a dereita o meu compañeiro Anxo ó que lle enviaba eu unha lasciva, pícara e atrevida mirada co ruído da auga das duchas de fondo.

Coímbra: ímolo pasar moi ben!

Continuará...


Fio Maravilha
(Jorge Ben)

E novamente ele chegou com inspiração
Com muito amor, com emoção

Com explosão e gol, gol
Sacudindo a torcida aos 33 minutos
Do segundo tempo
Depois de fazer uma jogada celestial
Em gol, gol
Tabelou, driblou dois zagueiros
Deu um toque driblou o goleiro
Só não entrou com bola e tudo
Porque teve humildade em gol, gol
Foi um gol de classe
Onde ele mostrou sua malícia e sua raça
Foi um gol de anjo
Um verdadeiro gol de placa
Que a galera agradecida assim cantava
Fio Maravilha, nós gostamos de você
Fio Maravilha faz mais um pra gente ver



Trackbacks

Trackback URL para este post

  1. [...] II III IV VBraga     Hai 0 comentarios e 0 trackbacks. Léronse 7 veces. Trackbacks Trackback URL para este post Comentarios Podes incluír os seguintes emoticóns na túa mensaxe [...]

    Queima de Viseu (III) :: FFT :: TeRMi :: Arrós con chícharos :: — 2008-04-25 00:11:25

Comentarios

  1. jejejeje
    Non me chegou a nada, preciso de máis! A historia avanzou pouco, jejeje, ansio saber!!
    xD

    Xosé — 15-05-2006 18:47:36 Hace 2 años y 26 meses

  2. a min tampouco me chega a nada...
    nOa: qué tal por aló (véxase Coímbra)?
    tOdos: ben.
    e nada máis! xD

    nOa — 16-05-2006 12:15:49 Hace 2 años y 26 meses

  3. jajaja ti sempre o mesmo xDDD

    Harrix — 17-05-2006 18:36:35 Hace 2 años y 26 meses


Podes incluír os seguintes emoticóns na túa mensaxe:



Nome/Pseudónimo

Correo Electrónico

Páxina web/Blog