Viagem a Coimbra. (I) Ma Marreteille: la bonne vivante
Ben, emulando a Sigmundo vouvos a contar a miña experiencia na terra de Conímbriga durante estes días. Moitos mo pedistes e eu conteivos moitas cousas, pero, aparte de que raia contarlle o mesmo a todo o mundo, sempre se esquecen ou obvian cousas importantes que dicir. Asegúrovos que a liña entre a realidade e ficción estará ben delimitada e será un texto completamente histórico, nada de contos, e direivos que tampouco serei explícito, cen por cen, en certos temas para non perxudicar a terceiros ou o que me paresa a min. Iso si, o primeiro non me mola moito porque teño que introducir a historia e é algo pesado, ademais de que non pasa moita cousa. Sen máis demora, ala imos:
*A miña marretilla: a boa vividora (ou algo así)
Merda. Joder, volvin a erguerme tarde, a ademais durmín unha merda, voume meter rápido na ducha...
Unha vez duchado apurei suficientemente o tempo no baño coma para poder chegar a tempo a onde quedei con Anxo e Rover, pero tamén o suficiente coma para esquecerme do xampú, do xel, doutra toalla, do cargador do móbil, das pilas...
A viaxe ata Vigo foi rápida e non collemos a folga do metal, a problema foi que liamonos un pouco para poder chegar o vello rectorado (reitorado? Joder!).
O final chegamos con tempo de sobra gracias a devandita folga dos obreiros da metalurxia que provocou un retraso do bús. Ata tivemos tempo de saudar a todo o mundo e de admirar e rexistrar a todo tipo de pomadas novas, a misteriosa e excitantemente intrigante francesa maila súa amiga que logo saberei (e saberei moi ben, jejeje) que era bretona, as rapazas-pomadas de Ourense, a loira despistada...
Pasamos polo Capital-Brisamar e déronme ganas de entrar, estaba aberto. Xa tiña a festa no corpo, é que este finde soltei o pelo (literalmente) e veume moi ben, así que decidín prolongar esa boa racha e a sorte que me trae por terras lusas soltando a melena. x'D
E ben que me irá.
A viaxe ata Coímbra non tivo máis complicacións que escoitar música, falar, intercambiar fichas e admirar a nunca monótona paisaxe portuguesa.
Vigo, Tui, Valença, Viana do Castelo, Matosinhos, Porto...
E xa entramos na Costa de Prata e nas Beiras.
Aveiro e finalmente a "Académica". Coimbra.
Comida en Coimbra, visita a universidade, toma de contacto coas indíxenas, tarde libre, visitamos as repúblicas, bebemos, imos para a AAC a tomar uns finos, inicios de inchada, veña xa son as sete, hora UTC, a portuguesa. Imos para o albergue.
Estábamos nos os tres crendo que os quartos eran de tres ou seis, pero non, eran de catro ou seis, merda, quedamos pro final a ver que fan con nós...
João: Ben, agora xa son quedan quartos de seis, como ides facer?
Rapazas de Ourense (e futuras veciñas): Nosotras somos seis.
João: Ok, dacordo ides vós.
Gonzalo (hacia min e Rover): Só quedan as francesas, boa sorte. ;) Que envexa!
Termi, Anxo e Rover: :O
Termi, Anxo e Rover: o_O
Termi, Anxo e Rover: ^_^
Termi, Anxo e Rover: :D~~~~~
3 vs 3?
Imos durmir coas francesas?
Continuará...
Hai 6 comentarios e 1 trackbacks. Léronse 371 veces.


















Queima de Viseu (III) :: FFT :: TeRMi :: Arrós con chícharos :: — 2008-04-25 00:11:20