Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

03-03-2006 00:42:39

Chica guapa


Hoxe (xoves 2) subín ó CUVI en bus, ben, en buses. Primeiro un Baiona-Vigo e logo un U1 Plaza América-Universidade. Chego de último a parada de Pza. América, pero son o antepenúltimo en entrar, e iso que a metade da xente quedou sen subir.

[...]


No bus imos moi apretados, non atopo o carteliño do "aforo máximo" pero creo que puña 85 persoas e aquí seguro que coma mínimo o condutor ticou 115 ou 120 billetes... Inda por riba fai outra parada máis e suben tres mozas e un tipo. Vou incómodo e atorado. Os pés tremenme e dóenme a hostia. Nun barco pode vir unha oleaxe tremenda que eu aguanto perfecto de pé e sen magoarme. Pero no bus morro e retórzome da dor. Son coma un madrileño pero ó revés (Ben!). Un brazo vaime rachar polo cóbado de seguir estirándome para agarrarme á barra. Parece o bastón máxico de Songoku. O outro brazo está ben, pero miña man non soporta cargar el só coa carpeta e un par de gordos libros. :S

[...]


Diante miña hai un fulano. Supoño que é de números, ten o pelo sucio e unha calculadora no peto. Cheira raro, coma unha gata cando acaba de parir ou parecido... Uf!
Joder! Isto parés o metro de Toquio. Ben, aquí hai mulleres. Pomadas... Cero... Non! Espera, xusto diante miña hai unha loira perfecta. é baixiña, fermosa e parés intelixente. Que ollazos! Que beizos! Ei! Estame mirando (hehehe) non me deixa de mirar! Non lle peocupa que me decate de que estame a mirar! Non lle importa que me dea de conta, creo que lle gusta e todo! Ou será que lle gusto eu? Buft, ela é moito.
Nun intre de despiste os seus ollos verdes deixan de verme...
Que preciosos ollos! Eu si que facía un cóctel con eles! Cos ollos só? Non! Sería inxusto privar a humanidade do sabor do teu corpo enteiro. Non se pode ser tan egoísta. ;)

[O Cóctel]


Ben, ten o cabelo loiro, moi loiro, brillante fermoso, espectacular, DOURADO! Un bó bourbon!
E os seus ollos? Verdes, profundos, luminosos, coma unha botella de sprite, pero no fondo son cálidos e cariñosos, doces, cambiemos as burbullas por calor, auga fervendo.
O seu corpo, a súa cara, fáltalle algo o cóctel. A súa picardía a súa chispa, a dozura, a simpatía que irradia, unha cullerada de azucre e mel estaría ben. Cóctel feito!
Un bó Blue Blazer, cúrame a gripe. Shake it, beibi!

[...]


Non, non me olvidei dos beizos, son grosos e fermosos, en perfecta harmonía co seu corpo e cara, con todo, recórdanme a fruta, son carnosos pero seguro que saben a limón, non lle podo por limón o cóctel.
Isto é unha mostra de que non hai muller perfecta... Ains...
Hai unha avaría nun camión, atasco, o bus parase, a loira mírame, míroa, soa unha canción de Melendi, miro pró condutor e bufo. A rapaza rise mentras me mira, miro para ela, e dedícame unha preciosa sonrisa, chea de complicidade, ensinando a dentadura, joder que guapa é...
Qué estudará? O bus vai cheísimo e teríame que facer un bó sitio para saír se segue así ó chegar a miña parada. Non me importa baixar no outro extremo do CUVI e así vexo onde baixa a loira. Así saberei que estuda. Tou tolo, seino. Outros xa lle terían dito algo... Eu non, prefiro ter ese recordo dela e non sacarlle defectos que podo descubrir o coñecela, pero gustaríame tanto coñecela e preguntarlle por que me mira tanto, por que se fixou en min, que pensa...
Chegamos a Industriais, baixa! NOOON! Ela non pode ser de Industriais, nin de teleco, ahí todo son homes, nin de Economía, de Economía, non. Ela regala sorrisos e miradas cálidas. Quizais eus exa unha inversión a longo prazo, bah, non. Será de letras? Non, senón eu xa a tería calada de antes. Debe ser de Ciencias ou Bioloxía, sí, iso sí, de Bioloxía, fixo. En fin, chegamos a vella FFT, ahí estou eu, fóra do bus. Só outra vez, e sopra un vento frío. Vou tomar un café...

[Continuará]

P.D: Que mágoa d enon ter cámara! Feliz Arribada! Ata o luns, Chao!

Trackbacks

Trackback URL para este post

Os comentarios están bloqueados