Bohemia ondenait
A veces penso que unha vida bohemia non é algo tan malo, que sería marabilloso ser un bohemio soñador, vivir nun apartamento cutre cun alquiler ridículo e abrir a neveira e ver que teño un frasco de ketchup e medio limón. Non ter pixama e durmir cun vaqueiro medio desabrochado, non ter blog, nin internet, nin PC, coa miña libreta e o meu boli de publicidade dunha inmobiliaria bastábame...
Saír a rúa, liarme un porro, entrar nun garito ver/mirar a xente pasar, escribir, apurar un sorbo da miña copa, correr cara fóra e desfrutar da chuvia, tirar có móbil e chamarte a berros ou tirar cos condóns e comerte a bicos...
P.D: Valle-Inclán, Miguel Hernández, que bós érades... (E sodes!)
Hai 33 comentarios e 0 trackbacks. Léronse 1593 veces.

















