Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

09-02-2010 19:39:33

Outro cravo


Parada do bus. 12.30 P.M.

Levo catro horas sen fumar e medio paquete de rubio na man.

A canda min hai dúas rapazas que están fumando. Acércome a elas e dígolle «fumades, verdade?». As rapazas poñen cara de pensar que son un jetas que lles vai pedir un pito e, mentras miro como se achega o meu bus, entrégolles o medio paquete de rubio.

Sóltolles un «pois eu xa non». E mentras adiviño as súas caras abraiadas subo ó meu bus...

Acabouse iso de fumar.

Levo, neste intre, trinta e cinco horas sen fumar. Xa vos irei contando que pasa.

24-01-2010 16:44:20

Mércores


Co frío da bahía, rompín. E a chuvia caia forte coma se quixera quitar algo de en medio.
E o vento zoaba incesante coma se quixera axudala.
Ondas de cero a vinte e catro, só carga e descarga.
Compoñente norte a sur-leste mesetario.
E mentras ti, mosa. no medio do temporal, saías do coche.
Co teu azucre mentolado.
Eu escondíame detrás dun fumegante café.
Para que me deas lume.
E acendas o meu cigarro.

20-01-2010 17:34:29

$null (IV)


Con bourbon reguei as diatribas na nosa contra.

Para prenderlle lume e, con café, facerme un bo carajillo.

E, recordándonos, esa noite non durmín.

19-01-2010 16:52:44

$Null (III)


Precisaba chorar, correrme. Escapar para encerrarme en ti.
A tentación vive arriba.
O medo vive no soto.
E no medio, o teu embigo, rula.
E no centro, os teus ollos verdes, nena.
E no núcleo as túas sábanas, unha camiseta, un abrazo, vicio, unha mirada, sexo, amor e o resto da listaxe da compra.

31-12-2009 19:17:44

Madrid sempre amence noutro lado


Moito ou pouco.
Pase o que pase cada noite.
Madrid sempre amence noutro lado.
E o teu Manzanares, rula, ferve xunto a Ría.

Moito ou pouco.
Rebozados pasteleiros en súor e veneno.
O que me queda de ti é a miña patria.
E os teus ollos, nena, azucre mentolado.

Moito ou pouco.
Mastigamos paixóns reprimidas polo medo a perder.
Na derrota morremos afogados en vasos vacíos de autoestima.
E as túas cadeiras, mosa, laten coma remos seando de lado.

26-12-2009 22:31:41

No camiño


Que non arranque o coche, que o efímero é bonito, mosa. Máis vale dous segundos a cámara lenta que queimar gasolina a douscentos por hora no club da ficha.
Que sufran os mantidos que viven escondidos detrás dunha gravata de Armani. Que esa nena non a podes pagar.
Que un café a tempo pode varrer máis recordos que catro litros de bourbon fervendo e un funil na aorta.
Que ti non eres unha puta, non, na busca de alguén que te valore e eu non son o teu Baudelaire de pel suave.


(y seremos los gatos más canallas de los portales)

25-12-2009 22:42:39

Madrí, madrí, madrí


Ela non quería erros e a el dáballe igual fallar. Ela non quería ser un obxecto e el quería ser usado. Ela non quería depender do licor dun cabrón emperdenido. El afogaba en vasos vacíos de autoestima. A los ojos verdes como aceitunas que se comían de dúas en dúas.

No niño das mazás podres aínda temos tempo de atopar unha que estea ben: doce e lasciva.

26-07-2009 17:54:46

Peche temporal

Categoria: NovasTeRMi

Por motivos de índole profesional e laboral (que a veces estes conceptos están fortemente separados, como é o caso) imos facer un cese temporal da actividade blogueira (xD).

Saúdos e vémonos en breve.

26-07-2009 17:53:01

Certame de microrrelatos "Concello de A Guarda": Gañador

Categoria: NovasTeRMi

 
Parece que estou en plan: "Dame o premio xa, que te lasco unha hostia".
 
Máis.
 
 
:D

17-06-2009 10:22:23

Rindo e fodendo


Unha vez, fai moito tempo, unha rapaza enconada díxome que non había sentimento máis forte co noso amor. Obviamente estaba borracha de enconamento. Se hoxe o recorda bótase a rir. Especialmente polo fugaz da nosa relación. Que non pasou dun par de saltos á cama. Eu, tentando semellar gracioso, citei a Pons dicindo que, bueno, se hai un sentimento máis intenso ca ese é o apetito voraz que lle entra a un ás tres da mañán e na súa neveira só ten un bote de ketchup. E a verdade é que, no fondo, o penso en serio.

            A ela non pareceu importarlle. Coma non lle parecía importar que tivera posto os Doors mentras fodíamos, cando a ela apenas lle gustan. Nin a luz de fóra, cando ela quería estar a escuras. Non sei, creo que me estou dando de conta, agora, que se recorda esa noite non comeza a rir. Xa se comezara a rir de min esa mesma noite…

 

            E tampouco estaba tan enconada.

 

14-06-2009 21:50:05

Revolta! (VI, última e definitva)


Non todo o mar é palla. E todos temos un límite, unha paciencia ou un prezo, según se mire ou se queira contar.

A bordo que son Marajotas!

Ou pensabas que ía estar aí para sempre?

10-06-2009 19:29:42

Love me two times


E sinto que te perdín,
cando te puiden ter.

E fago por terte
unha vez que te perdín.

Love me two times, dicía Jim Morrison.
Coma se agonizara gritando por unha segunda oportunidade.

Pero hai cousas que, como non volva atrás no tempo, non teñen cura. Así que vai ser mellor irme deixando de caralladas.

Ou non?
De ti depende mosiña...

 

 

08-06-2009 20:07:09

Arrós...


Cando as tes a güevo e cagala estrepitosamente é un arte que, inconsciemente, poucos dominan...

 Joder, para algo que se me dá ben... :(

18-05-2009 16:58:21

Morrendo un pouco

Categoria: NovasTeRMi

Este blog naceu co xenial (e a vece edulcorado, pero moi moi grande) Mario Benedetti. Hoxe este blog morre un chisco.

Espero que non morra con Benedetti.

Saúdos.

 

botija aunque tengas pocos años
creo que hay que decirte la verdad
para que no la olvides

20-04-2009 19:02:10

Solución

Categoria: NovasTeRMi

Non sei se máis caña e máis escritos (ou mellores), quizais sexa máis publicidade, tal vez máis continuididade ou un remozado integral de diseño e similares, non sei.

Non sei o que precisa este blog.

O autor precisa máis inspiración e urxentemente unha conexión a internet na casa.